Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

SAUDE

Administración Sanitaria

Os concellos dispoñen de autoridade sanitaria nas seguintes materias:

  • Control sanitario do medio ambiente: contaminación atmosférica, abastecemento de augas, saneamento de augas residuais, residuos urbanos e industriais.
  • Control sanitario de industrias, actividades e servizos, transportes, ruídos e vibracións.
  • Control sanitario de edificios e lugares de vivenda e convivencia humana, especialmente dos centros de alimentación, perruquerías, saunas e centros de hixiene persoal, hoteis e centros residenciais, escolas, campamentos turísticos e áreas de actividades físico deportivas e de recreo.
  • Control sanitario da distribución e subministro de alimentos, bebidas e demais produtos, directa o indirectamente relacionados co uso e o consumo humanos, así como os medios do seu transporte.
  • Control sanitario dos cemiterios e policía sanitaria mortuoria.

Para iso contan co apoio técnico do persoal e os medios das áreas de saúde.

A Consellería de Sanidade ostenta a máxima autoridade en materia de sanidade. A través das súas unidades administrativas e de xestión, e en coordinación cos Concellos, establece as intervencións públicas adecuadas para previr a enfermidade e alongar a vida e o benestar das persoas.

Cando existen problemas de saúde, o Sistema Público de Saúde de Galicia oferta ao paciente os servizos que máis se adaptan ás súas necesidades, procurando a súa atención integral e continuada.

A estrutura do Sistema Público de Saúde de Galicia comprende diversos dispositivos de prevención e asistenciais, organizados en diferentes niveis de atención sanitaria e coordinados adecuadamente, o cal permite asegurar que toda a cidadanía accede a una ampla gama de servizos, con independencia do seu lugar de residencia.

Os servizos ofertados organízanse a través do denominado Catálogo de prestacións que inclúe a Atención primaria, a Atención especializada, a Saúde pública, as prestacións complementarias.

 

 

SAUDE

 
   
[Xunta de Galicia]