Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

PLAN DE ACCIÓN MUNICIPAL CONTRA O RISCO DE INCENDIOS FORESTAIS


O Concello de Becerrea levou a cabo a elaboración do "PLAN DE ACCIÓN MUNICIPAL CONTRA O RISCO DE INCENDIOS FORESTAIS" dentro do obxetivo OT 5. "Frear o cambio climático" cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
O obxectivo era a redacción deste Plan, xa que é obrigatorio para aqueles Concellos sinalados como Zona de Alto Risco de Incendios (ZAR) segundo o establecido no artigo 7 do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (PEIFOGA).
Con este Plan de Acción Municipal contra o risco de incendios Forestais conséguese trasladar ao ámbito municipal as determinacións do PEIFOGA, e establece a organización e as actuacións dos recursos e servizos propios, co obxecto de facer fronte ás emerxencias por incendios forestais dentro do seu territorio.

files/FEDER_PAMIF_BECERREA_CONCELLO_COPIA.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]