Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Convocatoria Pleno 30-11-2017


D. MANUEL MARTÍNEZ NÚÑEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá. 

FAI SABER

Que o vindeiro XOVES DÍA 30 DE NOVEMBRO ás vinte horas, na Casa do Concello celébrarase sesión ordinaria do Pleno municipal.

O que se fai público para xeral coñecemento ós efectos prevenidos polo artigo 81.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Becerreá, 27 de novembro de 2016

O Alcalde-Presidente

Don Manuel Martínez Núñez

CONVOCATORIA DO PLENO DO CONCELLO

De conformidade co acordo plenario de data 22 de xuño de 2015 polo que se establece o réxime de sesións do pleno da corporación e no exercico das competencias que me confire a vixente lexislación sobre o réxime local, pola presente, resolvo:

PRIMEIRO.- Convocar sesión ordinaria do pleno municipal a celebrar, en primeira convocatoria, o vindeiro día 30 de novembro de 2017 ás vinte horas, no salón de sesións da casa consistorial. De non existir quorum suficiente para a celebración da sesión en primeira convocatoria os señores concelleiros entenderanse convocados, sen necesidade de nova convocatoria, para celebrar sesión á mesma hora dous días despois, en segunda convocatoria.

SEGUNDO.- Fixar a orde do día que de seguido se  indica:

ORDE DO DIA

A.-PARTE RESOLUTIVA

1.- Aprobación da acta da sesión plenaria anterior, extraordinaria de 28 de setembro de 2017.  

2.- Proposición da Alcadía relativa á modificación de créditos 9/2017: suplemento de créditos/crédito extraordinario modificación que se financia con cargo ao remanente líquido de tesourería e para a aplicación do superávit con modificación do anexo de inversións. Expte nº 1091/2017.

3.- Proposición da Alcaldía relativa á a probación inicial da modificación puntual das Normas Subsidiarias do Concello de Becerreá: delimitación do núcleo Venta de Cruzul. Expte nº 514/2017.

4.- Proposición da Alcaldía relativa á solicitude de realización da obra estrada Becerreá-Sarria.

5.- Moción presentada polo Grupo Municipal Socialista relativa ao Dia Internacional contra a Violencia de Xénero o pasado 25 de novembro.

6.- Moción presentada polo Grupo Municipal Socialista relativa ao abandono do Medio Rural Galego.

B.- PARTE ADICADA O CONTROL.

7.- Asuntos de urxencia.

8.-Dar conta das resolucións da alcaldía.

9.-Rogos.

10.-Preguntas.

En Becerreá

O Alcalde-Presidente Asdo. Don Manuel Martínez Núñez

Convocatoria sesión plenaria 30 de novembro de 2017

files/Pleno_escudo__________________________________________________.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]