Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Convocatoria Pleno 26/01/2017


D. MANUEL MARTÍNEZ NÚÑEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.

FAI SABER

Que o vindeiro XOVES DÍA 26 DE XANEIRO ás VINTE HORAS celebrarase sesión extraordinaria do Pleno Municipal.

O que se fai público para xeral coñecemento ós efectos prevenidos polo artigo 81.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Becerreá, 23 de xaneiro de 2016

O Alcalde-Presidente

Don Manuel Martínez Núñez

CONVOCATORIA DO PLENO DO CONCELLO

Visto o acordo plenario de data 22 de xuño de 2015 polo que se establece o réxime de sesións do Pleno da Corporación.

Visto o establecido no artigo 46.2 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 7/85 de 2 de Abril, e polo artigo 210.2 da lei de Administración Local de Galicia, Lei 5/97 de 22 de Xullo e 78 do Regulamento de Organización, Funcionamento  e Réximen Xurídico das Entidades Locais.

Esta convocatoria motívase na necesidade de pospoñer a celebración do derradeiro Pleno ordinario unha semana en relación á data inicialmente fixada.

Polo presente e no exercicio  das competencias que me confire  a lexislación vixente en materia de réxime local, RESOLVO:

Primeiro.- Convocar sesión extraordinaria do Pleno Municipal a celebrar, en primeira convocatoria, o vindeiro día xoves día 26 de xaneiro de 2017 ÁS VINTE HORAS, no salón de sesións da Casa Consistorial. De non existir quorum suficiente para a celebración da sesión en primeira convocatoria os señores concelleiros entenderanse convocados, sen necesidade de nova convocatoria, para celebrar a sesión a mesma hora dous días despois, en segunda convocatoria.

Segundo.- Fixar  a orde do día que de seguido se  indica:

ORDE DO DIA

A.-PARTE RESOLUTIVA

1.- Aprobación da acta da sesión plenaria anterior extraordinaria de 23 de decembro de 2016.  

2.- Proposición da Alcaldía relativa á periodicidade das sesións do Pleno do Concello.

3.- Proposición da Alcaldía relativa á solicitude a Augas de Galicia da execución do proxecto de construcción de rede de saneamento e sistema de depuración en Becerreá.

4.- Proposición da alcaldía relativa á realización das obras nas estradas LU 0722, LU 0631 e LU 0636.

5.- Proposición da Alcaldía relativa á solicitude de realización de obras de acondicionamento no mercado gandeiro.

6.- Proposición da alcaldía relativa ao remate da segunda fase do Parque Empresarial de Becerreá.

7.- Proposición da Alcaldía relativa á solicitude ao Ministerio de Fomento de realización de obras de mantemento e conservación en tres tramos da NACIONAL VI.

B.- PARTE ADICADA O CONTROL.

8.- Asuntos de urxencia.

9.-Dar conta das resolucións da alcaldía.

10.-Rogos.

11.-Preguntas.

En Becerreá a 23 de xaneiro de 2017.

O Alcalde-Presidente

Asdo. Don Manuel Martínez Núñez

files/Pleno_escudo_______________________________________________.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]