Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Convocatoria Pleno 23/12/2016


D. MANUEL MARTÍNEZ NÚÑEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.

FAI SABER

Que o vindeiro VENRES DÍA 23 DE DECEMBRO ás DEZ horas, na Casa do Concello celébrarase sesión extraordinaria do Pleno municipal.

O que se fai público para xeral coñecemento ós efectos prevenidos polo artigo 81.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Becerreá, 20 de DECEMBRO de 2016

O Alcalde-Presidente

Don Manuel Martínez Núñez

 

CONVOCATORIA DO PLENO DO CONCELLO

Visto o acordo plenario de data 22 de xuño de 2015 polo que se establece o réxime de sesións do Pleno da Corporación.

 

Visto o establecido no artigo 46.2 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 7/85 de 2 de Abril, e polo artigo 210.2 da lei de Administración Local de Galicia, Lei 5/97 de 22 de Xullo e 78 do Regulamento de Organización, Funcionamento  e Réximen Xurídico das Entidades Locais.

 

Esta convocatoria motívase na necesidade de pospoñer a celebración do derradeiro Pleno ordinario do ano 2016 facendoo coincidir co de aprobación dos orzamentos tendo en conta a situación na que se atopan os orzamentos do estado.

 

Polo presente e no exercicio  das competencias que me confire  a lexislación vixente en materia de réxime local, RESOLVO:

 

Primeiro.- Convocar sesión extraordinaria do Pleno Municipal a celebrar, en primeira convocatoria, o vindeiro día venres día 23 de decembro de 2016 ÁS DEZ HORAS, no salón de sesións da Casa Consistorial. De non existir quorum suficiente para a celebración da sesión en primeira convocatoria os señores concelleiros entenderanse convocados, sen necesidade de nova convocatoria, para celebrar a sesión a mesma hora dous días despois, en segunda convocatoria.

 

Segundo.- Fixar  a orde do día que de seguido se  indica:

 

ORDE DO DIA

 

A.-PARTE RESOLUTIVA

 

1.- Aprobación da acta das sesións plenarias anteriores, extraordinarias de 29 de setembro e de 30 de novembro de 2016.  

 

2.- Aprobación inicial do Orzamento Municipal para o ano 2017, Bases de Execución, Cadro de Persoal, Relación de Postos de Traballo e retribucións do persoal ó servizo do Concello de Becerreá.

 

3.- Proposición da Alcaldía relativa ao emprego dos remanentes de crédito.

 

4.- Proposición da Alcaldía relativa ao cambio climático.

 

B.- PARTE ADICADA O CONTROL.

 

5.- Asuntos de urxencia.

 

6.-Dar conta das resolucións da alcaldía.

 

7.-Rogos.

 

8.-Preguntas.

 

En Becerreá a 20 de decembro de 2016.

 

O Alcalde-Presidente

 

Asdo. Don Manuel Martínez Núñez

files/Pleno_escudo______________________________________________.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]