Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

A Hora do Planeta 2017


A Hora do Planeta 2017 servirá para demostrar que as nosas accións son imparables e que, xuntos, somos parte da solución ao cambio climático.
Xa existe un acordo político e coñecemos as solucións para loitar contra o quecemento global. Por iso non hai nin un minuto que perder. A Hora do Planeta de WWF pretende volver mobilizar a máis 7.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático apagando as luces dos seus principais edificios e monumentos.
Pedímoslle que o seu municipio volva unir este ano e actúe en favor do clima para evitar que o planeta aumente a súa temperatura ata un punto no que se produzan danos irreversibles para a natureza, a economía e a saúde de todos.
O próximo 25 de marzo, de 20:30 a 21:30, é o momento de apagar a luz e poñer o planeta en primeiro lugar.

 

files/HP2017_Banner_300x250.gif  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]