Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

LECER

Festas e Feiras

As Feiras en Becerreá celebranse todolos días 3 e 19 de cada mes, unha descripción resumo sería a seguinte:

Trátase dunha feira-mercado de gando que ten lugar nas instalacións do Recinto Feiral do Mercado Gandeiro. E dun Mercadillo con postos para a venda de diferentes produtos (aperos de labranza xéneros, alimentación e artesanía), en distintos puntos da Vila.

As Festas serven tanto para o encontro coas tradicións como para o reclamo de visitantes, de xeito que o pobo convértese durante a celebración dos eventos lúdicos nun espazo que proxecta a súa imaxe máis gozosa cara o exterior. O longo do ano celebranse, no municipio, as festas que de seguido se relacionan:

 

Nome
Data

San Antonio en Eixibrón

13 de xuño

San Xoán de Becerreá

23 e 24 de xuño

Festa da Virxe do Carme en Fontarón

13 de xullo

Festa de Santiago en Nantín

25 de xullo

Romaría Popular na Pena do Pico

Agosto (data sen determinar)

Festa Popular en Restelo

Agosto (data sen determinar)

Festa da Virxe das Dores en Fonte do Lobo

Agosto (data sen determinar)

Festa Popular en Cruzul

13 de agosto

Festa de Nosa Señora en Ferreirós de Valboa

15 de agosto

Festa da Nosa Señora en Cascallá

15 de agosto

Festa da Becerra e do Turista en Becerreá

16 de agosto

Festa da Virxe dos Remedios

10 de setembro

Festa do Santo Ecce Homo

13 e 14 de setembro

 

 

Lecer

 
   
[Xunta de Galicia]