Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

LECER

Introducción

 

O municipio de Becerreá achega características singulares para a práctica de Turismo Rural. É fácil gozar dun patrimonio natural, avalado por especies naturais protexidas, onde destaca a variedade paisaxística; ou tamén dun patrimonio cultural baseado na influencia de sucesivas civilizacións que, ademais do artístico e do histórico, mantén tradicións e costumes únicos. O alto recoñecemento e a variedade que ten a gastronomía galega compróbase facilmente facendo turismo rural. Para este modo de realizar turismo existe, na actualidade, unha oferta de aloxamentos en Becerreá e en toda a Comarca dos Ancares, o que significa poder degustar os produtos propios da zona.

O Turismo Rural de Galicia configúrase substancialmente pola diversidade do seu territorio, que se corresponde de forma notable, coa dispersión das súas entidades de poboación. Esta circunstancia posibilita que, no contorno inmediato á situación dos establecementos de turismo rural, existan instalacións deportivas que facilitan a realización de actividades. Esta dispersión e as características propias da paisaxe de Ancares facilitan a práctica do sendeirismo por algunha das súas rutas de grande e pequeno percorrido, distribuídas por toda a comarca.

Mapas de interese turístico:

 

Información turística de Galicia.

 

Información turística de España.

 

 

 

Lecer

 
   
[Xunta de Galicia]