Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

[Guia Local]

Desenvolvemento Rural

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares Courel (GDR-5 ANCARES-COUREL)

Que se vai encargar de deseñar e executar, en Ancares-Courel o plan de desenvolvemento enmarcado dentro do Programa Leader Galicia 2007-2013

O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural). Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

En Galicia, nos períodos 1991-1994, 1994-1999 e 2000-2006, ademais de aplicarse os programas das propias Iniciativas Comunitarias LEADER (LEADER, LEADER II e LEADER +), leváronse a cabo outros programas coa mesma metodoloxía que, por ter distintas fontes de financiamento, levaron distintos nomes, como PRODER, PRODER II ou AGADER, de xeito que no período 2000-2006 estivo cuberto todo o territorio rural galego con estes programas.

O novo local da asociación, que servirá de sede estable da oficina, foi cedido polo Concello de Becerreá á Consellería do Medio Rural e ubícase no mesmo bloque que a nova Oficina Agraria Comarcal, no antigo colexio de Becerreá.

Rúa Bolaño Mendo s/n. Edificio San Xoán (antiga escola); 4º andar. /27640/ - Becerreá

(De momento, de 9 a 14 horas)

Teléfonos: 606 035 964 e 982 360 824 (este último aínda non operativo)

Enderezo electrónico: gdr5ancarescourel@gmail.com

http://gdr5ancarescourel.blogspot.com/

Concellos: BECERREA, CERVANTES, FOLGOSO DO COUREL, NAVIA DE SUARNA, NOGAIS (AS), PEDRAFITA DO CEBREIRO, BARALLA,

Documentos:

Resolución da 1ª convocatoria dos GDR

Mapa GDR Leader Galicia 2007-2013

Cadro de financiación

Programa de desenvolvemento rural do GDR5

Convenio de colaboración entre AGADER e o GDR5

 

Red Rural de Desarrollo Ancares

Grupo LEADER INTERAUTONÓMICO grupo de desenvolvemento rural que xestionou programas da  Iniciativa Comunitaria LEADER anteriores ao 2007-2013

Enderezo: Rosalía de Castro, S/N CP 27677 As Nogais (Lugo)

Teléfono: 982-364092

Fax: 982-364150

Concellos: (19) As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela (Lugo) e Balboa, Barjas, Candín, Corullón, Oencia, Peranzanes, Sobrado, Trabadelo, Vega de Espinareda, Vega de Valcarce, Villafranca (León).   

Web: http://www.ancares.info

Email: redrural@ancares.info

Documentos:

Execución de programas do LEADER II

 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) é un ente público da Xunta de Galicia que promove e coordina o desenvolvemento rural en Galicia. Este desenvolvemento ten como finalidade mellorar a calidade e condicións de vida dos habitantes do medio rural ao tempo que contribúe á cohesión do territorio galego.

Web: http://agader.xunta.es/Inicio.do

Enderezo: Rúa dos Camiños da Vida s/n, edificio Witland 2ºA e 2ºC, 15705 - Santiago de Compostela
Tel: 981 547 354 - Fax: 981 547 381

 

GUIA LOCAL

 
   
[Xunta de Galicia]