Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Espazos

Reserva da Biosfera

Reserva da Biosfera - Os Ancares lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá

O 27 de outubro de 2006, o Comité MaB da UNESCO declarou Reserva da Biosfera a zona dos Ancares Lucenses e os Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, apoiando así a petición feita pola Deputación de Lugo a través do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes).

A superficie desta nova Reserva é de 53.664 hectáreas, o que supón, aproximadamente, un 6% da superficie da provincia de Lugo. A poboación permanente é de 4.977 habitantes e a estacional máxima alcanza as 10.066 persoas.

Este espazo natural protexido inclúe os municipios de Navia, Cervantes e parte de Becerreá e está considerado como unha unidade da gran Reserva do Cantábrico.

Biogeografía e ecosistema

A zona dos Ancares ten un gran interese desde o punto de vista biogeográfico, xa que actúa como límite natural entre o extremo suroccidental da Rexión Eurosiberiana e a Rexión Mediterránea, circunstancia que propicia a convivencia entre especies de orixe setentrional e especies mediterráneas ou atlántico-mediterráneas.

Nos Ancares abundan as masas forestais de carballo e bidueiro, o avellano, serbal de cazadores, arce, tezo e acivro, especie protexida na comunidade autónoma galega e de gran interese para a fauna da zona.

As zonas de matogueira están amplamente representadas e son os brezales e piornales as formacións dominantes.

Sobresae o encinar de Cruzul polo seu alto valor biogeográfico e destaca tamén a variedade de especies de plantas de orixe.

Outro tipo de hábitat máis restrinxido é o formado por pasteiros e áreas de matogueira subalpinos, turberas de alveolo de gran valor intrínseco para a paleopolinología e medios agropastorales, moi interesantes a nivel ecolóxico.

Paralelamente, nos Ancares advírtese a presenza dunha diversificada comunidade de vertebrados, algúns deles en perigo de extinción, como o oso pardo ou o urogallo.

Por outra banda, obsérvase que a práctica da agricultura xerou un medio ideal para o desenvolvemento de especies, entre as que ocupa un lugar preeminente o gando vacún.

Pódese concluír que nos Ancares mantívose ao longo do tempo un equlibrio agrosilvopastoral, á vez que o illamento xeográfico e a complexidade orográfica (1.600 m de desnivel entre os 300 da canle do río Navia e os 1.935 do pico Mostallar), favoreceron a persistencia dun medio natural ben conservado.

Zonificación

A zona núcleo da Reserva dos Ancares ocupa 14.224 hectáreas, o 26.87% da superficie total e nela destacan o hayedo da Pintinidoira, no sur da reserva, a zona de alta montaña da Sierra dos Ancares, ao leste, os vales dos ríos Ser, Rao e Navia, no límite da reserva e dúas áreas contiguas localizadas no suroeste: o encinar de Cruzul e o Monte Agüeira.

En canto á zona tampón, cunha superficie total de 31.975 hectáreas, o 59.58% da superficie da Reserva, inclúe as zonas que rodean á zona núcleo, concretamente as comprendidas no Lugar de Interese Comunitario (LIC) Cruzul- Agüeira e o LIC Ancares- O Courel.

Tamén pertencen a esta zona os territorios onde se localizan as entidades de poboación que están dentro da zona osera. Nestas áreas permítense os usos vinculados á investigación, divulgación e educación ambiental, á execución de infraestruturas de interese xeral ou utilidade pública, aos usos agrícolas e gandeiros tradicionais, ao aproveitamento forestal e cinexético, de conformidade cos respectivos plans de ordenación, ás prácticas deportivas e turísticas compatibles coa conservación da natureza e, excepcionalmente, a construcións agrícola-gandeiras que respecten o principio de sustentabilidade.

Para rematar, a zona de transición abarca 7.465 hectáreas, o 13.91% da superficie total e completa o mapa desta Reserva dos Ancares. As limitacións para desenvolver actividades son menores nesta zona e están permitidas labores agrícolas, actividades turístico-recreativas e outras formas de explotación.

 

 

ESPAZOS NATURAIS

 
   
[Xunta de Galicia]