Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Concello

Enquisa de Infraestructura e Equipamentos Locais

 

A Enquisa de Infraestructura e Equipamentos Locais (EIEL) é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais para efectos da cooperación económica local do Estado e está elaborada segundo unha metodoloxía común polas deputacións provinciais, coa colaboración técnica do Ministerio de Administracións Públicas (MAP).

A finalidade da enquisa é coñecer a situación das infraestructuras e equipamentos de competencia municipal e outras administracións, formando un inventario de ámbito nacional, de carácter censal, con información precisa e sistematizada dos concellos con población inferior a 50.000 habitantes cunha periodicidade de cinco anos ata a actualidade.

A actualización e mantemento da enquisa será efectuada polas entidades que participen na súa elaboración, correspondendo ó MAP o seguimento destas tarefas e a colaboración económica nelas. Ten orixe no 1985 e vense realizando de forma quinquenal ata a actualidade, onde se plantexa a actualización continuada.

Dende a edición do ano 2000 o Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela ven de colaborar coa Deputación Provincial de Lugo no traballo de implementación e actualización da enquisa para a provincia de Lugo, elaborando un inventario detallado das Infraestructuras e Equipamentos Locais dos 66 concellos da provincia (a excepción da capital) a nivel dos 2723 poboamentos - en realidade, abrangue preto de 3500 entidades de poboación recoñecidas no nomenclátor do Instituto Nacional de Estatística (INE) -, gracias o emprego de tecnoloxías de sistemas de información xeográfica e análise territorial.

A EIEL está regulada a nivel estatal de xeito máis preciso nos R.D. 835/2003, do 27 de Xuño, e na orden APU/293/2006, do 31 de Xaneiro, que están vixentes na actualidade.

 

ENLACE COA ENQUISA DE INFRAESTRUCTURA

 

 

CONCELLO

Concello  
   
[Xunta de Galicia]