Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Casa do Concello

[files/telecentro_bcr_.jpg]
Telecentro


Telecentro Becerreá

Enderezo: Rúa de Valgamarín s/n

27640-Becerreá


Ver mapa más grande

EQUIPAMENTO

  • 20 postos informáticos con CPU Core2Duo, lector de DNI electrónico, DVD, Monitor TFT de 17", Headset con micrófono e control de volume Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
  • 40 sillas
  • 1 posto de profesor con CPU Core2Duo, Lector de DNI electrónico, DVD gravador, Monitor TFT de 17", Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
  • 3 sillas de presidencia
  • Impresora láser color
  • Proyector con pantalla de proxección motorizada
  • Pantalla de plasma de 42"
  • Rack Multimedia con:

 - Mesa de misturas de audio

 - Amplificador

 - DVD-RW con TDT

 - Videoconferencia

  • Micrófonos de mesa e inalámbricos
  • Altavoces
  • 2 cámaras motorizadas
  • Pantalla tactil para control audiovisual e de luces
  • Aire Acondicionado
  • Rede Wifi

O telecentro de Becerreá forma parte da Rede de Telecentros de Comunicación. A Rede de Telecentros de Comunicación é un servizo público e gratuíto para tódolos cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos Concellos onde se sitúan ditas aulas. O Centro Multimedia de Galicia, unidade do Servizo de Xestión do Centro Superior de Documentación (Subdirección Xeral de Telecomunicacións e Audiovisual), encárgase da xestión da Rede de Telecentros de Comunicación realizando, de forma coordinada, a posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de sensibilización e acercamento da poboación.

Os obxectivos da Rede de Telecentros de Comunicación son os seguintes:

  • Ser un espazo aberto de comunicación.
  • Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación.
  • Facilitar o acceso público a Internet como medio de comunicación favorecendo a democratización de acceso aos servizos que proporciona a Sociedade da Información.
  • Alfabetizar dixitalmente aos grupos máis afastados do desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías.
  • Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.

O Telecentro de comunicación é un espazo duns 100 m2 acondicionado acústicamente que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc.), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, sistemas de control, etc. que permiten realizar diferentes escenarios dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.

 

Telecentros

Solicitude de reservas.

 

 

CASA DO CONCELLO

 
   
[Xunta de Galicia]