Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Casa do Concello

Centro de Servizos Sociais

 

 

 

 centro social

 

O CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE BECERREÁ está ubicado na Feira Vella da Vila.

Neste centro desenvolvense multiples actividades o longo do ano:

-Aerobic.

-Baile de Salón.

-Ximnasia de mantenimiento.

-Taller de pintura.

-Festas:

    *Entroido.

    *San Xoán.

    *Magosto.

    *Nadal.

-Excursións ás praias:

    *Miño.

    *Foz.

    *San Miguel de Reinante.

    *Tapia de Casariego.

-Excursión de sete días a Portugal: Coímbra, Estoril, Cascais, Sintra, Lisboa, Albufeira, Merída, Cáceres e Salamanca.

-Excursión a Bruselas.

-Guateque, tódolos sábados de 19:00 a 22:00 horas.

-Servizo de podoloxía gratuíto (Bando).

Teléfono de Contacto do Centro Social: 982 360 704.

Neste mesmo centro atópase:

*Os SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA (TRABALLADORA SOCIAL):

Teléfono de contacto da Traballadora Social: 982 360 304

Os Servicios Sociais no Concello de Becerreá son o conxunto de recursos creados para atender, da maneira máis próxima e áxil, as necesidades de cada cidadán, grupo deles ou de toda unha comunidade. Constitúen o sistema de protección social que se orienta á prestación de atencións e servicios que posibiliten a mellora da calidade de vida e a participación de persoas e grupos, especialmente aqueles que sofren algún tipo de carencia, discriminación ou desatención, así como a prevención, e a eliminación das causas que orixinan estas situacións.

O seu obxectivo é mellorar o benestar de todas as persoas e facilitar a súa participación no contorno social en condicións de igualdade.

DESTINATARIOS :

Toda a poboación de do Municipio de Becerreá.

OBXECTIVOS:

Informar, Orientar e Asesorar.

Analizar a realidade para detectar carencias e necesidades sociais.

Realizar servizos preventivos para toda a poboación.

Dar solucións ante necesidades de tipo individual e colectivo.

Procurar a mellora da autonomía, a integración e a permanencia das persoas no seo familiar.

PROGRAMAS BÁSICOS DE ACCIÓN DESENVOLVIDOS POLOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO:

- Programa de Orientación, Asesoramento e Información.

Ten por obxecto informar á cidadanía sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas especificas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.

- Programa de axuda no fogar.

O servizo de axuda no fogar está dirixido a toda a poboación. Gozan de prioridade aqueles cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico. A estas persoas préstanselles unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporcionáselles a posibilidade de continuar no seu contorno natural, mentres isto sexa posible e conveniente.

O devandito programa está regulado pola Ordenanza Municipal do Concello de Becerreá de Servizo de Axuda no Fogar.

- Programa de emerxencia social.

Dende os Servizos Sociais detéctanse situacións de urxencia debido fundamentalmente as novas realidades sociais (inmigración, desemprego de larga duración...) que requiren ser abordadas de xeito rápido e eficaz.

Fundamentalmente situacións de escaseza de medios económicos que dificultan o normal desenvolvemento das persoas ou familias. Con este programa preténdese paliar e se é posible, corrixir estes déficits.

* PUNTO DE INFORMACIÓN DA MULLER:

Aberto os martes de 12 a 14 horas:  

Teléfono de Contacto do Centro Social: 982 360 704.

Teléfono das Mulleres- Gratuíto: 900 400 273.

Web do Servizo Galego de Igualdade:http://sgi.xunta.es/

Este punto ten como funcións principais orientar e informar en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada así o soliciten; así mesmo, proporcionará información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades ós grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.

A información que se poderá solicitar neste punto, entre outra, será:

- Cursos e xornadas

- Recursos para mulleres

- Actividades de sensibilización cidadá.

- Atención específica a mulleres que sofren violencia de xénero.

- Fomento do asociacionismo.

Calquera outra actividade que se adecúe ó obxectivo da consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Por outra banda o Punto de Información ás Mulleres tamén  servirá como referente en materia de igualdade dentro do concello.

As funcións que se poderán desenvolver neste eido serán:

- Colaboración cos cadros técnicos e políticos do concello para a creación, desenvolvemento ou posta en marcha de Plans de Igualdade de Oportunidades Municipais (PIOM).

- Difusión das campañas e actividades impulsadas dende a Secretaría Xeral de Igualdade e o ervicio Galego de Igualdade.

-Colaboración naquelas actividades desenvolvidas dende o concello en materia de Igualdade de Oportunidades así como naquelas dirixidas ás mulleres da zona.

PIM:   Traballo infinito en función dos Recursos.

Protocolo de actuación e Canles de derivación.

Actuacións: Información Xurídica Gratuíta.

Formación.

Asociacionismo

Análise da realidade -Toma de conciencia- Intervención - Dinamización (Impulsar   medidas, Implicación de diferentes axentes) - Información.

DOCUMENTOS:

 I PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE  MULLERES E HOMES DO CONCELLO DE BECERREÁ

 ENLACES WEB:

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Secretaría Xeral de Benestar.

Servizo Galego da Igualdade.

Secretaría Xeral da Igualdade.

Rede Galega de Apoio á Autonomía Persoal.

Centros de Asesoramento Afectivo-Sexual.

Portal de información da Dirección Xeral de Xuventude. 

Ministerio de Traballo e Inmigración.

Ministerio da Igualdade.

Imserso.

 

 

 

 

CASA DO CONCELLO

 
   
[Xunta de Galicia]