Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Casa do Concello

[files/100_0078.JPG]
Casa da Cultura

 

SITUACIÓN: 

Rúa Eulogio Rosón s/n-Becerreá

DESCRICIÓN:

Edificio de dúas plantas anteriormente adicado a centro educativo. Levouse a cabo unha fonda remodelación para convertelo nun moderno  centro sociocultural polivalente.

Na planta baixa sitúase o despacho do persoal encargado do funcionamento do centro, os aseos xerais, un pequeno almacén capaz de funcionar como depósito da biblioteca, e un local grande para conferencias, reunións, cursos diversos e audiovisuais.

Na segunda planta sitúanse tres despachos ou talleres, utilizables por asociacións ou comisións culturais vinculadas ao concello, unha sala para pequenas reunións ou seminarios e unha pequena biblioteca. 

Neste centro teñen lugar os actos culturais e reunións de diversa índole, que se levan a cabo no concello, o desenvolvemento de cursos de formación que programe o concello así como outras entidades.

 

 

CASA DO CONCELLO

 
   
[Xunta de Galicia]