Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Casa do Concello

[files/ALCALDE2.jpg]
Saudo do Alcalde

A Administración en Internet, non depende do nivel económico, senón da vontade política de pola en marcha, e é vontade deste goberno municipal que esta pagina que acabamos de colgar na rede, mais vale tarde que nunca, sexa o primeiro paso para engancharse con forza ás novas tecnoloxías, que será unha das apostas importantes do mesmo, co fin de romper as barreiras xeográficas do noso Concello, pondo a disposición dos cidadáns, por unha banda, o contido das actividades, das iniciativas, das xestións, ... que diariamente realiza a Administración municipal e que lles afectan diariamente.

Por outro, non menos importante, que unha terra con tradicións arraigadas, co pasado como referencia e o futuro como reto, este ao alcance de calquera persoa con independencia da súa nacionalidade, idioma, residencia... e poida gozar da nosa riqueza ambiental, do noso patrimonio milenario, dos nosos bosques cheos de carballos, arces, castaños, .... deste paraíso de autenticidade que é aínda o noso municipio. Desde aquí invitámosche a achegarche a nós e gozar dos favores estéticos deste territorio que non ten portas precisas nin confíns estables.

O Alcalde,

 

Manuel Martínez Núñez

 

 

 

 

 

CASA DO CONCELLO

 
   
[Xunta de Galicia]